jueves, 29 de abril de 2010

Actividad sobre la seguridad en computadoras

Cando imos a utilizar un equipo ( se o usamos por primeira vez ou non é o noso equipo habitual), é necesario que comprobemos os elementos de seguridade. Crea nun procesador de texto una táboa coma amosada a continuación:
Elemento Estado Comentarios
Antivirus Activado Utilización do sistema de seguridade McAfee Internet Security
Actualizacións Desactivadas Sen actualizaciones que afecten ao sistema operativo
Cortafuegos Activado A mesma utilización do McAfee como uso do cortafuegos (“firewall”)
Windows Defender Operativo Utilizado no sistema informático de Windows Vista
Rede Activada Conectado actualmente á rede R-wlan 1A
Navegador Operativo Ata agora empregados dous: Mozilla Firefox e Internet Explorer

1. Antivirus. Comproba que o ordenador dispón de antivirús
2. Actualizacións. Verifica que o equipo ten configuradas as actualizacións automáticas
3. Cortafuegos. Configuración do firewall de windows, comenta se está activo ou non e as excepcións establecidas.
4. Windows Defender. Comproba que esta utilidade está instalada
5. Rede. Comproba as carpetas compartidas no teu equipo
6. Navegador. Comproba a información sobre seguridade e privacidade. Apunta na columna Comentarios a configuración do uso de cookies, contrasinais, instalación de compoñentes

miércoles, 28 de abril de 2010

Preguntas dos problemas informáticos

1-Cales son os síntomas que amosa un ordenador que foi atacado?

O primeiro en detectarse cando un ordenador é atacado son os danos na produtividade, cortes no sistema de información e danos no nivel de datos.
Tamén tenden na propagación de datos mediante a rede, e á perda de información.


2- Explica coas túas propias palabras os seguintes termos que resumen os ataques que pode sufrir un ordenador:

- Malware: trátase dun software que a súa acción é infiltrarse nun sitema coa intención de dañar a computadora sen que o propietario se entere.

- Virus: cando falamos dun virus estamos a falar dun malware que ten por función alterar o normal funcionamento da computadora, sen o permiso e o coñecemento do usuario.

- Troyano: trátase dun software maliciosa que baixo unha aparencia inofensiva execútase ocultamente no sistema e permite o acceso remoto dun usuario non autorizado.

- Gusano: trátase dun malware que contén propeiedade de multiplicarse a si mesmo, utilizando as partes automáticas visibles ó usuario dun sistema operativo.

- Spyware: tratase dun programa que se instala furtivamente dentro dun ordenador ou sistema, dentro da categoría malware, para recopilar información sobre as súas actividades realizadas en ela.

- Cookies: fragmento de información que se almacena no disco duro do visitante dunha páxina web a través do seu navegador, a petición do propio servidor da páxina.

- Adeware: trátase dun software que mentres funciona amosa mensaxes publicitarios de distintos produtos ou servizos. Estas aplicacións inclúen código adicional, que é o encargado de amosar a publicidade a través de ventás emerxentes, barra de ferramentas, etc. Esta práctica úsase para subvencionar economicamente a aplicación, permitindo que o usuario obteña esta por un prezo máis baixo e incluso gratis, mentres que proporciona ó programador un beneficio, que axuda a motivalo para escribir, manter e actualizar o programa.

- Hijackers: o seu significado en inglés é "secuestro" ("hijacking"), facendo referencia a toda técnica ilegal que leve consigo todo o que leve consigo o adueñarse ou roubar algo (xeralmente información) por parte dun atacante. O seu concepto é moi aberto e pode aplicarse a diferentes ámbitos, desta maneira atopámonos coas técnicas de secuestro de conexións en Internet, sesións de terminal, servicios, módems e un longo etcétera en canto a servicios informáticos se refire.

- Spam: tamén denominado "correo basura" ou "sms basura" aos mensaxes non solicitados, non desexados ou de remitente descoñecido, polo xeral de tipo publicitario, enviado en grandes cantidades (incluso masivas) que prexudican dalgunha maneira ou de varias maneiras ao receptor. A acción de enviar ditos mensaxes denomínase "spamming".

- Hackers: pertencen a un grupo xeralizado de aficionados informáticos que empregan técnicas ilegais de entradas remotas non autorizadas por medio de servicios informáticos como Internet, aínda que tamén defínense como un grupo informático que arranxan e depuran nos sistemas e aos de moral ambigua coma son os "Grey hats".

- Hoaxes: en español "bulo" ou noticia falsa é un intento de facer crer a unha persoa que algo falso é real. No idioma español o término popularizouse ao referirse a enganos masivos por medios electrónicos como por exemplo Internet. O obxectivo principal é que este método sexa divulgado por moitos servizos de red co fin de captar a atención de máis usuarios.

- Phishing: é un término informático que denomina un tipo de delito encadrado dentro do ámbito das estafas cibernéticas, e que se comete mediante o uso dun tipo de enxeñaría social caracterizado por intentar adquirir información confidencial de forma fraudulenta. O estafador, denominado "phisher", faise pasar por un representante dalgunha compañía, coma por exemplo telefónica, a través de medios que poden ser correos electrónicos ou tamén chamadas telefónicas.

martes, 27 de abril de 2010

viernes, 19 de marzo de 2010

jueves, 11 de marzo de 2010

PREGUNTAS SOBRE A WEBQUEST

1. A estrutura da Webquest é clara?

Eu penso que se trata dunha web clara, fácil de manexar e coa que se pode traballar comodamente.

2. Traballaras algunha vez con Wq ?

Apenas traballo con Wq aínda que tampouco o facía antres de suscribirme a ela.

3. Gustouche este método de traballo?

Persoalmente véxoo coma un bo método para traballar e para realizar as túas propias tarefas.

4. Resultouche útil o aprendido?

Non moito porque o que a Webquest me ensinaba xa o coñecía

5. Que mellorarías?

Eu melloraría o formato; cambiaría a forma do decorado porque o que ten agora no me gusta
nada.
6. Cal é a túa opinión sobre a utilización dunha rede social como funcionamento de traballo
e comunicación na clase

Creo que resulta moi instructivo e axuda á comunicación entre alumnos.